Este centro creouse mediante un convenio de colaboración asinado no ano 1.996 entre a Fundación Juana de Vega e o Concello de Oleiros. Atopase localizado no Pazo da Carballeira. Nel impártense cursos de formación para demandantes de emprego inscritos no Servizo Público de Emprego, para traballadores en activo e para calquera persoa interesada.
Conta con dúas zonas dedicadas a impartir cursos de formación:
a) Zona na que se imparten as clases teóricas, cun despacho de dirección, tres aulas, un vestiario e zonas de servizos.
b) Zona na que se imparten clases prácticas, dunha superficie de 25.000 m2 na que atópanse as seguintes construcións: Casetas de bombas, zonas de cultivos baixo abrigo, almacén, nave de traballo e preparación de planta e terreo dedicado a viveiro forestal.