Novas

O proxecto ECOCOMEDORES busca novos produtores ecolóxicos para aumentar a oferta de menús saudables na Reserva da Biosfera

Hoxe botou a andar unha nova fase deste programa do que é socia a Fundación Juana de Vega. Ata finais de 2026, o obxectivo será escalar a folla de ruta iniciada en 2015 no ámbito do consumo de produtos ecolóxicos en comedores colectivos, escolares e empresariais, para seguir fomentando hábitos alimentarios saudables ao tempo que se potencia a produción agroecolóxica local, os circuítos curtos de comercialización e, en xeral, a creación de riqueza no rural.

Ampliar

A Cátedra Juana de Vega inaugura a mostra “As mulleres e o mar”

A exposición conecta de cheo cos obxectivos da Cátedra Juana de Vega, que ademais de estudar as iniciativas e os procesos modernizadores do agro galego, ten como misión facer visible o importante papel que as mulleres desenvolveron ao longo da historia para favorecer o progreso económico e social da sociedade rural galega.

Ampliar

Xornada de lanzamento do proxecto ECOCOMEDORES DA BIOSFERA II: avanzando cara á optimización produtiva, comercial e loxística 

O vindeiro xoves, 21 de marzo terá lugar na sede da Fundación Juana de Vega en Oleiros (A Coruña) a presentación do proxecto ECOCOMEDORES DA BIOSFERA II: Avanzando cara á optimización produtiva, comercial e loxística, que desenvolvemos xunto a Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo, e a Escola Infantil Municipal A Caracola (A Coruña), co apoio da Fundación Nina Carasso. 

Ampliar

Reunión de lanzamento do proxecto INTERREG SUDOE ECOSPHEREWINES

Mañá, a sede da Fundación Juana de Vega acollerá a presentación oficial nun novo proxecto europeo no que participa e do que tamén é entidade coordinadora. Trátase do proxecto do programa Interreg Sudoe “ECOSPHEREWINES | Mellora de servizos ecosistémicos e infraestrutura verde en zonas vitícolas de alto valor ecolóxico”.

Ampliar